
galicia
cervexa artesa
Cervexas Xistral
galicia
Cervexa da Mariña 100% natural, sen filtrar, sen pasteurizar, sen conservantes artificiais e coas materias primas locais da mellor calidade.
Citrus
APA refrescante e dourada. Monovarietal de lúpulo Citra, variedade que le outorga os sabores cítricos e de froitas tropicais, acompañado do sutil aroma da laranxa.
5% Vol.

Ouro Puro
Unha cervexa maltosa e con corpo. Cun final fresco e seco. Ten coma protagonista a malta Gold (ouro) e o mel da Mariña lucense que lle proporcionan esa cor ambar escura e cobreada. Equilibrada entre o amargor das súas tres variedades de lúpulos e o doce e lixeiro matiz a mel.
6% Vol.

ouro negro
Unha Porter afrodisíaca con licor café de Ourense, xarope de chocolate (Pazo de Coruxo), canela e avea. Unha cervexa forte, escura e con corpo. De sabores complexos e variados; café, chocolate, galleta, vainilla e o agradable aroma da canela.
7% Vol.

cobre
Unha cervexa tipo lager con sabor a malta pilsen. Suave e de grolo longo. Pouco amargor. O millo galego proporciónalle suavidade e unha cor dourada clara.
4,6% Vol.
A lenda
Coa chegada dos primeiros pobos indoeuropeos, aparecen os primeiros cabalos domesticados, dando orixe á variedade actual galega que vemos hoxe en día pola Serra do Xistral mariñá.
Mais estos pobos non só domesticaron animais, tamén a cebada coa que se alimentaban antes da aparición do pan, creando unha bebida espirituosa.
Si, a cervexa.
Un alimento básico na súa dieta, a protagonista durante centos de anos até a chegada dos romanos.
A cervexa Xistral, querendo recoller ese legado que nos deixaron os nosos antergos, opta polos métodos tradicionais de fermentación natural, con auga de manancial da Serra do Xistral onde nacen todos os ríos da Rías Altas e principal compoñente de todas as nosas cervexas.
Sen filtrar, sen conservantes artificiais e cas materias primas da mellor calidade.
Misturando o progreso tecnolóxico e novos coñecementos das cervexas de autor, co bo facer e carácter único da tradición cervexeira artesá.
Puntos de venta
BALEO
CORNELIUS
REPICHOCA
ONDE SEMPRE
KLEIN
BORA BORA
Queres vender Cervexa Xistral?
Se tes un bar ou tenda e estás interesado en vender as nosas cervexas, póñase en contacto
merchandising

Copa

Chaveiro abridor

Camiseta
CONTACTA!
Queres vender no teu bar Cervexa Xistral?
Gustaríache probar algunha das nosas cervexas?
Ponte en contacto connosco.
Teléfono
+34 698 17 63 99
Dirección
San Lázaro, 18, bajo 5
27850 Viveiro. Lugo