
cervexa artesa
Cervexas Xistral
Cervexa da Mariña 100% natural, sen filtrar, sen pasteurizar, sen conservantes artificiais e coas materias primas locais da mellor calidade.
Clasicas
Citrus
APA refrescante e dourada. Monovarietal de lúpulo Citra, variedade que lle outorga os sabores cítricos e de froitas tropicais, acompañado do sutil aroma da laranxa.
5% Vol.Alc.

Ouro Puro
Unha cervexa maltosa e con corpo. Cun final fresco e seco. Ten coma protagonista a malta Gold (ouro) e o mel da Mariña que lle proporcionan esa cor ambar escura e cobreada. Equilibrada entre o amargor das súas 3 variedades de lúpulos ingleses e o doce e lixeiro matiz de mel.
6% Vol.Alc.

ouro negro
Unha Porter afrodisíaca con licor café, xarope de chocolate, canela e avea. Unha cervexa forte, escura e con corpo. De sabores complexos e variados; madeira, café, chocolate, galleta, vainilla e o agradable aroma da canela.
7% Vol.Alc.
Carpe Diem
eco canamo
Lager estilo pilsner checa. Unha cervexa con carácter a malta e lúpulo equilibrados. Cun final largo e redondeado que a fan refrescante e moi fácil de beber.
Contén cáñamo ecolóxico galego que lle dan ese característico toque herbal. De cor lixeiramente verde debido ó seu contido de clorofila natural.
4,5% Vol.Alc. 24 IBU
Contiene 3% CBD

mencia saison
Unha Ale refrescante e estival. A fermentación mistrada consegue protagonismo aos sabores e aromas afroitados da uva mencía da Ribeira Sacra e cítricos dos ésteres característicos deste lévedo belga. Moderada de amargor, alcol e acidez. Cunha aspecto laranxa pálido e un final na boca fresco e seco.
5,1% Vol.Alc. 22 IBU

kiwipa
Próximamente
A nosa historia
Coa chegada dos primeiros pobos indoeuropeos, aparecen os primeiros cabalos domesticados, dando orixe á raza actual galega que vemos hoxe en día pola serra do Xistral mariñá.
Mais estos pobos non só domesticaron animais, tamén a cebada coa que se alimentaban, creando unha bebida espirituosa.
Si, a cervexa.
Un alimento básico na súa dieta, a protagonista durante centos de anos ata a chegada dos romanos.
A cervexa Xistral, querendo recoller ese legado que nos deixaron os nosos antepasados, opta polos métodos tradicionais de fermentación natural.
Sen conservantes artificiais e cas materias primas da mellor calidade. Misturando o progreso tecnolóxico e novos coñecementos das cervexas de autor, co bo facer e carácter único da tradición cervexeira artesá.
merchandising

Copa

Chaveiro abridor

Camiseta
CONTACTA!
Queres vender no teu bar Cervexa Xistral?
Gustaríache probar algunha das nosas cervexas?
Ponte en contacto connosco.
Teléfono
+34 698 17 63 99
Dirección
27850 Viveiro. Lugo